Compromiso por Galicia és un partit galleguista, progressista i socialdemòcrata nascut l’any 2012 arran del declivi del BNG encarcarat per un esquerranisme estèril i sectari. La irrupció de Podemos i les Mareas populistes amb la col·laboració de Xosé Manuel Beiras han acaparat les expectatives de desplaçar del govern autonòmic al PP el 25 d’aqueix mes.
Compromiso por Galicia ho té difícil per obtenir representació en un context de bipolarització que li resulta advers tot i el missatge renovador i pragmàtic dels seus candidats. La coalició Marea-Podemos pot ser la força més votada (també pot passar això al País Basc) i així Podemos tindria el lideratge a tres territoris històricament nacionalistes -comptant ja Catalunya- sense tenir cap projecte d’aqueix tipus per cap dels tres països, ja que la seva prioritat és reformar el Regne d’Espanya, sense ni tan sols plantejar l’opció republicana.
Post Scriptum, 6 de setembre del 2016.
El bon amic Pedro Gómez-Valadés, veterà patriota gallec, m’ha fet arribar aqueix comentari sobre la situació pre-electoral a Galícia que amb el seu permís reprodueixo tot seguit:
Breves apuntamentos sobre o panorama político galego nas vésperas do 25-S:
Non é nada fácil facer prognósticos sobre o posíbel resultado que atoparemos nas urnas galegas o vindeiro 25 de setembro. Por certo indicar que con esta cita do 25-S terán xa tres as veces que as convocatorias electorais en Euskadi e Galicia coinciden no mesmo día.
E non é nada fácil aínda que esteamos xa a poucas semanas do día de autos, porque a presenza de unha organización nova como é En Marea-Podemos deixa un interrogante sobre o seu tirón ou non tirón electoral. Certo que na anterior lexislatura xa tivemos no parlamento galego a presenza dunha organización como foi AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) que ten vencellos coa actual En Marea de Podemos, pero nin moito menos podemos considerar continuación e menos garantir un éxito como o que de inicio tivera AGE liderado por Beiras aínda que o éxito inicial foise diluíndo coas constantes fugas de deputados e a desidia do propio Beiras.
As enquisas publicadas estas últimas semanas na prensa galega son como mínimo sospeitosas. En especial a tradicional de Sondaxe semella máis cociñada que un pote de fabas. O que en principio teño claro é que o Partido Popular roza a maioría absoluta e máis co penoso espectáculo ao que estamos asistindo desde hai meses no Parlamento español. Esta inestabilidade con certeza supla a prol dunha maioría absoluta do PP. Veremos xa que en principio o PP de non ter a maioría absoluta non tería posibilidade de gobernar a non ser que se confirme a entrada de Cidadáns no Parlamento galego, algo que as enquisas non deixan nada claro. O chamado ao “voto útil” pode pasar como unha apisoadora sobre as expectativas de Cidadáns en Galicia.
O escenario que enfronta o BNG é dramático. Hai incluso serias posibilidades de que fique fóra do Parlamento. Aínda que eu apostaría porque o chan electoral do Bloque vaille garantir a presenza aínda que mínima e cada vez máis alonxada do teito obtido por Beiras cando o Bloque chegara a ser a segunda forza parlamentar en Galicia.
O PSOE ten tamén un panorama incerto. Moi incerto. Ten un candidato solvente pero con escaso tirón e só o tempo dirá se a marca socialista abonda para corrixir esta evidente eiva. Co agravante inexplicábel do fratricida enfrontamento do aparato cos socialistas en Vigo. Cidade onde o ex-ministro con Felipe González, Abel Caballero, ten unha maioría absolutísima de 17 concelleiros sobre 27 co 52% dos votos. Cando a dirección do PsdG-PSOE e Ferraz decidiron desprezar a Caballero cometeron un erro incríbel que pode ter tradución no resultado desde logo en Vigo e area metropolitana pero tamén en Galicia. Por certo e como anécdota que non ven ao caso pero cóntoche Jaume, Abel Caballero sendo Ministro de Transportes con González, foi o primeiro membro dun goberno español en visitar oficialmente Israel.
E por último Compromiso. Desde logo non temos nada fácil entrar no Parlamento co listón prohibitivo do mínimo do 5% establecido por Manuel Fraga. Obter ese 5% non é doado aínda que nin moito menos desbotable. O escenario galego é unha incógnita e a influencia (distorsión) do panorama político madrileño é maior que nunca. A prevista campaña de CxG será modesta pero moi imaxinativa e ambiciosa, así que o partido está pendente de xogar. En resumo, eu persoalmente móllome e auguro unha maioría absoluta do Partido Popular e a entrada de Compromiso por Galicia na cámara galega. Tempo ao tempo.
Post Scriptum, 26 de setembre del 2016.
Dissortadament el pronòstic del meu amic Pedro només s’ha complert en la seva pitjor part, el PP ha assolit la majoria absoluta novament i en canvi CxG ha quedat fora del Parlament amb una bastonada contundent (4.030 vots, el 0.28%). El nacionalisme socio-liberal i pragmàtic no té espai polític, ara per ara.
Xosé Manuel Beiras i la seva colla han fet una mala aposta per Las Mareas/Podemos (el PP ha guanyat a totes les grans ciutats on governen), el BNG ha aguantat contra pronòstic i el galleguisme conservador es manté votant PP. Moments crítics, doncs, pel nacionalisme gallec.
Post Scriptum, 13 d’octubre del 2016.
Pedro Gómez-Valadés m’ha fet arribar per tal que les publiqui aqueixes reflexions seves després del mal resultat electoral el 25-S de la candidatura de Compromiso por Galicia:
Na miña opinión os pésimos resultados obtidos por Compromiso por Galicia nas pasadas eleccións galegas teñen dúas causas fundamentais:
1 – A incapacidade de Compromiso de dotarse de identidade, dunha identidade nidia e sen ambigüidades nestes catro anos de vida. A xente segue sen saber que é Compromiso a pesar de que o grao de coñecemento da marca é indubidablemente moito maior hoxe que nas primeiras eleccións as que nos presentamos hai 4 anos.
Esta incapacidade ven derivada da permanente indefinición do partido que fixo só dunha presentación máis amable e moderada que a tradicional da esquerda nacionalista do BNG ou ANOVA (agora integrada en Marea-Podemos) un fin en si mesmo. Os votantes perciben a CxG como a marca suave do tradicional nacionalismo representado polo Bloque. E entre orixinal e copia a copia sempre perde. A causa desta indefinición paralizante -e pode que mortal-, está no complexo de ser “menos de esquerdas” que atenaza e guía a grande parte da dirección do partido.
2 – O espazo do centro galeguista no que Compromiso por Galicia debera implantase e medrar, está ocupado -e moito- polo Partido Popular de Galicia. Calquera que seguira a última campaña electoral do PPdG observaría coma a mensaxe foi radicalmente galeguista, nin unha bandeira española na campaña e pola contra moreas de bandeiras galegas sempre baixo a presenza total dun discurso monolingue en galego e galeguista. Sempre enmarcado nas cores azul e branco da nosa bandeira
Post Scriptum, 2 de gener del 2017.
Pedro Gómez-Valadés figura entre els signants d’aqueix article col·lectiu publicat el proppassat 23 de desembre al digital Galicia Confidencial titulat: “Compromiso por Galicia: ou refundación ou morte por inanición”:
Após os resultados tremendamente negativos para Compromiso por Galicia, nas pasadas eleccións ao Parlamento de Galicia, o vindeiro 21 de xaneiro, esta forza política galeguista ten un novo reto no seu Congreso Nacional, no que se xoga a posibilidade de chegar a ter un papel importante no escenario político galego ou mesmo, desaparecer irremediablemente por inanición do mapa político da Galicia do século XXI.
Post Scriptum, 5 de setembre del 2018.
Compromiso por Galicia subsisteix com a projecte polític amb un nou secretari general, Juan Carlos Piñeiro Docampo, que exposa el seus objectius en aqueixa entrevista reproduïda al web del partit el proppassat 10 de juliol: “O noso espazo é un que non ocupa ninguén, tenemos que conseguir explicarlo”.
Us ha agradat aquest article? Compartiu-lo!
Grazas Jaume por facerte eco do escrito. é moi dificil facerse oco no espazo electoral galego e uns cantos militantes de CxG entendemos que ou asuymimos o pragmatismo/realismo e procuramos penetrar no electorado con vías novas ou para replicar as do BNG ou Marea-Podemos non ten sentido Compromiso. En fin, veremos no congreso de finais de mes.