Jaume Renyer

per l'esquerra de la llibertat

17 de maig de 2016
0 comentaris

Día das Letras Galegas

Avui Galícia commemora el Día das Letras Galegas, una celebració instituïda per la Real Academia Galega l’any 1963 per homenatjar els creadors en aqueixa llengua. El declivi accelerat de l’ús social del gallec ha estat fomentat pels successius govern autonòmics en mans del PP i també del PSOE, fins al punt d’encalçar la llengua fins al reducte folklòric on es troba hores d’ara.

La degradació de la consciència nacional ha estat acceptada passivament per la majoria de les forces polítiques (incloses les Mareas)  davant la inoperància  del BNG. La lluita per l’hegemonia social de la llengua gallega la sosté coherentment la nova formació nacionalista i democràtica Compromiso por Galícia (CxG) que ahir va fer públic aqueix comunicat:

Compromiso por Galicia (CxG) quere aproveitar a celebración do Día das Letras Galegas para salientar o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, máis alá dun único día e ao longo de todos os días nos que a loita pola normalización lingüística aínda sexa unha necesidade.

Os datos de uso e estima da lingua galega son desalentadores, especialmente nos últimos anos de goberno do PP nos que, desafortunadamente, comezamos a ver os resultados do Decreto de Bilingüismo no Ensino e mais da falta de compromiso co uso público do galego por parte dos responsábeis políticos.

Asemade, o panorama desolador da cidade de Vigo neste sentido anima a Compromiso por Galicia en Vigo a seguir traballando, máis alá do 17 de maio, pola dignificación da lingua e da cultura galegas e o seu verdadeiro posicionamento como motor económico e social na cidade.

“Os valores transmitidos pola obra de Manuel María son claros neste sentido”, destaca a Responsábel Comarcal da formación verde, “e consideramos que cómpre unha recuperación, para a vida política e comunitaria en xeral, do espírito do escritor chairego, que cría firmemente na capacidade da literatura e da arte para fomentar a intelixencia, a liberdade e o respecto polas tradicións que nos identifican e, por tanto, nos outorgan existencia”.

Post Scriptum, 22 de maig del 2017.

Manuel Veiga Taboada, intel·lectual de prestigi i militant nacionalista, fa una interessant reflexió al digital Semos Galiza d’abans d’ahir titulada “Un 17 de maio que non cambia nada” sobre l’estancament del nacionalisme gallec, bàsicament del BNG, i proposa adoptar una actitud no sectària per ampliar la seva base social:

A importante manifestación do Día das Letras, marxinada como é habitual nalgúns medios, móstranos de novo a coherencia de varios milleiros de persoas defendendo o seu idioma. Sen a existencia de xente coma esta, o galego encontraríase quizais nunha situación perigosa. Tamén é notábel a perseverancia e a xenerosidade das organizacións convocantes. Sen esforzos como o da Mesa e demais colectivos sería máis difícil de visualizar ese outro país posíbel.

Vista desde outro ángulo, sen embargo, a manifestación do 17 de maio resulta demasiado semellante á do ano pasado e, seguramente, á do próximo. Resulta demasiado parecida ao 25 de xullo. Non agrupa a máis pobo, como é o seu obxectivo.

Despois de observar a manifestación, Feixóo decidiu seguramente permanecer na súa obscena pasividade. A decadencia autonómica na que vivimos non se verá alterada. Os que defenden, case como única prioridade política, o AVE a Madrid, cidade á que probabelmente desexarían trasladarse, seguirán coma se nada.

E isto vén sendo así desde hai tempo, en parte porque a Galiza conscientemente monolingüe en galego ten trazado unha liña divisoria, máis ou menos marcada segundo os casos, entre eles e o resto.

Sen embargo, dentro desa outra Galiza, que é maioritaria e tamén moi diversa, hai unha parte que coincide con varios dos obxectivos da manifestación, outra parte que non se atreve a dar o paso ou non o considera importante, outra convive… Hai miles de formas de situarse ante a situación que vive o galego, case tantas como cidadáns.

A Galiza que se manifesta parece ignorar esa diversidade e, polo tanto, é incapaz de dialogar e contaxiar a maioría ausente.

Non se trata de que os monolingües fagamos concesións –sería un suicidio– senón de comprender e de que os demais noten que os comprendemos.

Sen un esforzo por entender esa variedade do país –moi rica e interesante, ás veces cómica, outros moitas veces lamentábel, e que tanto pode dicirlle aos socio-lingüistas–, sen entender esa pluralidade e sen que esa comprensión se perciba nos lemas, nas propostas e, sobre todo, nas actitudes, as manifestacións do 17 de maio tenderán a converterse nun repetido día da marmota.

Hai unha tendencia natural, espontánea, a que quen máis defende algo tenda a consideralo como propio, é dicir, a patrimonializalo. Esa crítica que o PP lle fai aos nacionalistas non é de todo desacertada e hai que recoñecelo. Asunto diferente é que o PP se ampare nela para non facer nada ou para actuar en contra.

A lingua dun país debe unir a todos. Esa idea central non se pode perder de vista nunca. A Mesa cristalizou como organización despois dunha manifestación en Santiago na que Xerardo Fernández Albor e Bautista Álvarez ían case do brazo. Aquel acto unitario deulle lexitimidade á Mesa para nacer e medrar. Ese é o espírito que importa.

Todos os grados de compromiso son válidos sempre que o obxectivo sexa fortalecer os usos do galego. O que marca as diferenzas é a dirección que se toma, non o punto de partida.

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *

Aquest lloc està protegit per reCAPTCHA i s’apliquen la política de privadesa i les condicions del servei de Google.

Us ha agradat aquest article? Compartiu-lo!