Nessie School of Languages

Learning languages in Amposta

2 de gener de 2009
Sense categoria
1 comentari

25 anys sense Arbó

Sebastià Juan Arbó (Sant Carles de la Ràpita 1902 – Barcelona 1984) foi un escritor catalán.
Naceu no seo dunha familia de labregos sen terra, aos oitos anos trasládase a vivir a Amposta cos seus pais, aos 12 anos traballa nunha oficina. En 1927 marcha a Barcelona, e alí comeza unha carreira como xornalista en La Vanguardia e ABC e tamén traballou en varias editoriais. En 1931 publica a a súa primeira novela L’inútil combat, protagonizada por un mozo humilde que se ve marxinado pola súa condición social e que acabará fuxindo.
En 1932 sae do prelo Terres de l’Ebre, a súa obra máis coñecida, unha novela na que describe a situación dos campesiños do delta do Ebro, esquecidos e humildes que traballan nunha terra pouco agradecida e dura, avocados á fatalidades e a soidade que conduce á destrución, e na que transforma as súas experiencias persoais e comunitarias en ficción
En 1933 publica Notes d’un estudiant que va morir boig e en 1935 Camíns de nit.
Logo da Guerra Civil española deixa de publicar ata que en 1947 publica Tino Costa, con versións en catalán e castelán. En 1946 publica unha biografía en castelán, Cervantes.
A partir de 1948 escribe en castelán con obras como Sobre las piedras grises (1948) co que gaña o premio Nadal, e sobr todo Martín Caretas (1959).
Nos seus últimos anos volta ao catalán: Narracions del Delta (1965), L’espera (1948), La masia (1975)

  1. Fai moitos anos que descubri Sebastià Juan Arbó. Un grande escritor catalan. Con historias cheas de sensibilidade, drama, vidas e cousas.

    Admirable.

    Una aperta,

    Pere Meroño

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *

Aquest lloc està protegit per reCAPTCHA i s’apliquen la política de privadesa i les condicions del servei de Google.

Us ha agradat aquest article? Compartiu-lo!