Jaume Renyer

per l'esquerra de la llibertat

28 de maig de 2009
0 comentaris

Unha oportunidade para o republicanismo

Aquest article breu és la meva col·laboració a la revista “ENGALIZA”, número 10, primavera del 2009, portaveu d’Esquerda Nacionalista, (www.esquerda-nacionalista.eu)  una formació política integrada al Bloque Nacionalista Galego (BNG):

A maioría de analistas políticos coinciden en sinalar o descredito dos partidos políticos, a súa falta de conexión cos problemas sociais e a sua ausencia de propostas concretas aplicábeis a medio prazo coma unha das principais causas da elevada abstención electoral. En Cataluña, acho que tamén en Galíza, estas cuestións son claramente perceptíbeis. O descredito da política e a abstención prexudican preferentemente aos proxectos de cambio representados en teoría polos partidos de esquerdas. Isto comporta que nas nacións sen estado propio sometidas ao Reino de España as formacións os partidos de esquerda deban asumir a nacesidade de ofrecer á maioría social dos seus respectivos países unha alternativa viábel, interesante desde todos os puntos de vista ate o punto de remover a orde estatal establecida. Non hai sob a bandeira do socialismo ningunha posibilidade de acadar este consenso social polo cambio historico, a proba que inmersos como estamos nunha crise economica estructural, non xurdiron propostas políticas desde esa optica ideoloxica. Non merecen tal consideración as candidaturas “anticapitalistas” que en Francia (e tal vez a esquerda española estraparlamentar) anúnciase para as eleccións europeas de xuño.

Recuperar o republicanismo, non ao estilo que o fai Zapatero copiando parcialmente a Pettit, pode ser unha opción de futuro: o vinculo voluntario do ciudadán coa nación, a recuperación da cultura como forma de realización persoal e transformación social, a responsabilidade cívica personal e colectiva, o valor do traballo como realización persoal son nocións socialmente susceptibles de ser asumidas de xeito maioritaria se van acompañadas de políticos solventes que sexan coherentes con aquilo que predican. O republicanismo, a diferenza das practicas dirixistas que caracterizaron ao socialismo, baséase no proceso deliberativo como forma de adopción de decisións colectivas. Isto supón un novo modelo de partido contraposto á xestoria desideoloxizada dos actualmente hexemónicos. Un republicanismo autóctono, catalán  e galego por exemplo, poden ser os revulsivos que necesitan os respectivos nacionalismos para saír do estancamento presente.

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *

Aquest lloc està protegit per reCAPTCHA i s’apliquen la política de privadesa i les condicions del servei de Google.

Us ha agradat aquest article? Compartiu-lo!