Jaume Renyer

per l'esquerra de la llibertat

1 de març de 2009
1 comentari

A xustiza española é incapaz de exercer de árbitro

Avui fa justament dos anys, el setmanari gallec A Nosa Terra (número 1258, del 1 al 7 de març del 2007) va publicar aquesta entrevista que unes setmanes abans havia aparegut al setmanari català El Temps. Les respostes que dono a les preguntes formulades en aquell context em semblen encara vigents en el  moment polític actual.

 

A Nosa Terra: Que lle parece a recusación do maxistrado Pérez Tremps do Tribunal Constitucional por analizar os recursos contra o Estatut Catalán ?

Jaume Renyer: Primeiro, non tenen precedentes. segundo, os argumentos nos que se basea a incompatibilidade son arbitrarios, dado que fan referencia a uns traballos profesionais previos na tramitación do Estatut. Polo tanto, constitúen moito máis causa de incompatibilidade as manifestacións realizadas polo maxistrado García Calvo, sendo xa membre do TC, que mostraban unha animadversión evidente contra os contidos do proxecto estatutario catalán. En cambio, a recusación deste maxistrado foi desestimada. estes feitos enmárcanse nun fenómeno máis amplo, como é a persistente actitude boa parte da xudicatura española -que parece actuar seguindo un impulso politico- que prioriza unha determinada concepción da unidade do Estado.

A Nosa Terra: Hai quen ve en todos estes episodios da xudicatura unha estratexia orquestrada do PP. É esaxerado ?

Jaume Renyer: Penso que asistimos a un fenómeno ben máis amplo, como é a emerxencia dun nacionalismo español excluinte de calquera outra forma de convivencia plurinacional. Dase tamén na cúpula empresarial, como se viu no bloqueo de Joan Rossell na presidencia da CEOE, na actitude diante de OPA de Endesa por Gas Natural ou na xerarquía da Igrexa católica, que deslexitimou reiteradamente os outros nacionalismos diferentes do español u outorgoulle só a este último un valor moral. Olo tanto, o PP é a expresión política deste estado de opinión actual, que ten uns antecedentes culturais e históricos moi profundos na mentalidade española, e que se deixa ver tamén nas declaracións de destacados membros do poder xudicial, que opinan sobre cuestións políticas.

A Nosa Terra: Esta politización da xudicatura desdebuxou a separación entre o poder xudicial e o resto dos poderes políticos ?

Jaume Renyer: Hai unha confusión de papeis entre o poder xudicial e os outros poderes do Estado, como se pudo comprobar na tramitación da lei de partidos e que continuou cunha serie de declaracións de representantes do Consello Xeral do Poder Xudicial en temas estritamente políticos, arredor do Estatut catalán. Este intervencionismo vai en detrimento do papel arbitral do poder xudicial, o papel que, por exemplo, soubo representar o tribunal Supremo do Canadá, que foi crucial para canalizar por vías estritamente democráticas o conflito entre o Quebec e o resto da federación. É inimaxinábel que este papel o poida desenvolver o TC, chegado o caso de que o País Vasco ou Catalunya formulen un proceso cara a soberanía.

A Nosa Terra: Que repercusión teñen para o propio TC estes episodios de crise ?

Jaume Renyer: Poden comportar a perda de autoridade moral dun organismo que ten unha función arbitral nos conflictos entre o Estado e as comunidades autónomas, nos cales as súas decisións son determinantes para a configuración, nun sentido ou noutro, da arquitectura constitucional do Estado. Noutros estados, como Israel, os Estados Unidos ou Alemaña, os xuíces dos tribunais supremos tamén son nomeados a proposta dos partidos, mais unha vex no exercicio do seu cargo actúan con lealdade á institución á que pertenecen, apartándose a cotío do criterio do partido que os propuxo.

A Nosa Terra: Como pode repercutir toda esta crise na política catalá ?

Jaume Renyer: Un pronunciamento do TC recortando aínda máis o Estatut actual sería grave, porque non hai precedentes dunha sentenza sobre un texto xa aprobado en referendo. Unha decisión así comportaría o agravante de desautorizar a vontade popular. En segundo lugar, a interpretación política dun pronunciamento destas características sería a de que está a poñer o punto final ao proceso de reivindicación nacional catalán.

A Nosa Terra: Sería un peche en falso ?

Jaume Renyer: Dependería da reacción das forzas políticas catalás. A resposta non debería ser a dunha reforma da Constitución para facer posíbel o novo Estatut. E unha vía condenada ao fracaso. Cabe formular a vía cara a soberanía. Polo tanto, cabe presentar un conflito xurídico e político co Estado español, que se ha de preparar desde agora, non condicionado a un pronunciamento restritivo do TC. Porque, ¿que pasa se o Tribunal deixa o estatut como está?. ¿Non formularemos de aquí a un tempo a cuestión da soberanía?. Estase a demostrar que o Estatut actual non é unha grantía do incremento competencial e financeiro da Generalitat. Xa  o mesmo goberno actual do PSOE, a través do recurso de inconstitucionalidade contra o CAC, ou aprobando a lei da dependencia, ou o decreto de ensino que amplía as horas de castelán, acota a ámbito competencial da Generalitat dunha maneira tan restritiva que camiña cara a equiparación co resto das comunidades autónomas. Lalia que hai un novo Estatut tamén hai unha percepción social de retroceso da autonomía  catalana. Este episodio anticipou varios anos un debate político que máis tarde ou máis cedo se tiña que dar na sociedade catalá, cal é a comprobación dos niveis insuficientes do estatut aprobado. Isto obligará, moito antes do previsto -una xeración- a decidir que grao de poder imos ter como país.

A Nosa Terra: Se o Estatut naufraga no TC, o presidente Montilla fala dun plano B; Artur Mas de recuperar o Estatut do 30 d setembro e Carod-Rovira de iniciar un proceso cara a sobernía.

Jaume Renyer: Descoñezo o plan B e non comparto o retorno ás posicións do 30 de setembro do 2005, senón que, como dicía antes, cabe preparar a formulación dun debate político pola  soberanía. Á marxe do sentido da sentenza do TC, hai que preparase para un proceso soberanísta.

A Nosa Terra: E non é máis pragmático voltar ao consenso logrado polo Parlamento catalán o 30 de setembro de 2005 ?

Jaume Renyer: Pero é que iso querería dicir que o Parlamento de Catalunya ten que volver encetar o proceso de redacción dun  novo Estatut. Non paga a pena limitarse ao horizonte do 30 de setembro. Paga a pena ir máis a fondo e preparar mentalmente o noso pobo, procurando o consenso social e as complicidades políticas, para elaborar unha fórmula semellante á de Escocia, o Quebec ou Flandres, onde se configuran unhas maiorías sociais que apoian o proxecto dun estado propio.

A Nosa Terra: E aquí, coa actual composición política e social, e posibel iso ?

Jaume Renyer: Sempre, o nucleo promotor parte dunha situación minoritaria. Polo tanto, a primeira condición é que haxa un partido, coalición ou forza social que teña contade e capacidade de liderar un proxecto destas características, e que comporta un proceso de anos. Arestora este nucleo non está configurado. Hai tres partidos teoricamente favorábeis á autodeterminación: CIU, ERC e ICV. Máis é obvio que non están en condicións de iniciar unha estratexia semellante.

A Nosa Terra: ERC defínese como independentista e participa no Goberno da Generalitat de Catalunya. É compatíbel ?

Jaume Renyer: Hai unha diferencia de funcións entre partido e goberno. Como militante de Esquerra, personalmente, penso que ha ser compatíbel cumprir os compromisos como socios de goberno con poñer o partido a traballar, xa desde agora, nunha estratexia de acumulación de forzas para formular a medio prazo un proceso cara a soberanía. Pero a min, o nucleo de traballo político dun partido independentista está en centrar o seu discurso no dierito a decidir.

  1. Benvolgut,
    em dic Arnau Gonzàlez i Vilalta, sóc professor del Dep. d’Història Moderna i Contemp. de la UAB, necessitaria parlar amb tú sobre el teu llibre “Un Home Del Silenci : Jaume Cornudella i Olivé: Patriotisme i Resistència, 1915-1983″.

    Atentament, Arnau.

Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *

Aquest lloc està protegit per reCAPTCHA i s’apliquen la política de privadesa i les condicions del servei de Google.

Us ha agradat aquest article? Compartiu-lo!