Jaume Renyer

per l'esquerra de la llibertat

7 de maig de 2010
2 comentaris

“O Constitucional non debía ter admitido a trámite o recurso do PP ao Estatut”

Aquest és el titular de l’entrevista que publica el setmanari gallec “A Nosa Terra”, aquesta mateixa setmana, reprenent el fil del mateix tema sobre el qual va demanar la meva opinió ara fa tres anys.

 

A Nosa Terra: Existe a posibilidade dunha sentenza do Constitucional sobre o Estatut que anule numerosos artigos e que deixe a autonomía catalá en condicións de menor autogoberno que o que permitía o Estatut de 1979, o que vostede cualifica de infrautonomía. É así ?

– É posíbel. Son xurista, non adiviño. As filtracións non desmentidas dos maxistrados así o indican. Que se coñezan as súas deliberacións é un síntoma que lle quita lexitimidade ao organismo. Fun membro do Consell Consultiu durante catro anos e nunca se filtrou nada. Publícanse os resultados, mais antes rexístrase un silencio absoluto. A normalización desa conducta é un indicador de falta de lexitimidade.

A Nosa Terra: Vén de saberse que o número de artigos anulados alcanzaría como mínimo entre 15 e 22. É un globo sonda ?

– Non se trata de especular. Unha solución para evitar caer nunha crise de lexitimidade é que o Tribunal Constitucional se absteña de pronunciarse. Houbo un referendo no que se expresou o pobo catalán; depois diso non pode haber unha modificación. En todo caso, esa modificación tiña que ser previa á consulta. Persoalmente, votei “non” no referendo, mais non considero lexitimo que o que decide o pobo poda modificarlo outra instancia. No proceso perdería autoridade moral.

A Nosa Terra: Mais un prounuciamento previo tería adiado a celebración dor refrendo ?

– É que non tiña que ter admitido a trámite un recurso unha vez celebrado o referendo. Debía terse declarado incompetente hai catro anos porque xa houbo suficientes filtros: as Cortes Xerais o Parlament de Catalunya, o Consell Consultiu, o referendo … Sería o primeiro fallo do Constitucional sobre unha lei aprobada en referendo.

A Nosa Terra: Cando se aprobou o primeiro estatuto de Andalucía xa hubo un pronunciamento.

– Daquela houbo unha provincia na que non se alcanzou o resultado necesario para aprobar o Estatuto, pero deuse por válido o referendo sen sentenza. Non se abordou o fondo. Agora non falamos de cuestións xurídicas, senón políticas.

A Nosa Terra: Por outra, o Parlament vén aprobar unha resolución sobre o Constitucional que insta á sua renovación e reclama que se declare incompetente. tratáse dun reto ?

– Visto que a autonomía catalá non funciona, estamos ante un comportamento do PSC que é inédito. Non constiitúe unha ruptura pero xa veremos onde chega. O PSC ten personalidade xurídica propia mais non desenvolupeu un proxecto nacional catalán porque a súa prioridade é España. Non vai entrar nun conflicto xurídico e tampouco pode chegar moi lonxe.

A Nosa Terra: Di que autonomia catalá non funciona ?

– Nestes 30 anos, pasamos de ser a primeira economía do Estado á oitava. A capitalidade cultural, editorial, a bolsística….. desprazzouse a Madrid, que pretende ser capital de todo. As políticas dos diversos gobernos de Madrid, cunha determinada política de infraestructuras, desarticularon o eixo mediterráneo. Non hai un tren de alta velocidade que vaia de Perpinyà a Alxeciras, cando de Madrid vaise en AVE a todo o universo hispano.

A Nosa Terra: Noutros Estatutos con aspectos idénticos ao catalán non se impugnaron. Que opina ?.

– Na alma dos que o impugnaron, o PP, debería figurar a mesma preocupación polo que acontece en Andalucía e en Catalunya. Se hai cousas malas en Catalunya, tamén seran negativas en Andalucía. Existe un criterio selectivo para evitar as cuestións nacionais catalá, vasca e galega. Non se celebrou o referendo de Ibarretxe e négase a autonomía catalá.

A Nosa Terra: É unha nova LOAPA ?

– Máis que a Lei de Harmonización do proceso Autonómico, pola vía dos feitos trátase de consolidar Madrid como a megalópole, a España radial na que o aeroporto de Barajas é a porta ao mundo, na que se invita aos deportistas cataláns a facer exhibición da súa hispanidade.

A Nosa Terra: É coherente esta atitude co que acontece na UE ?

– En europa occidental hai casos como o belga, que está en crise; outros coma o Reino Unido, que afrontan de forma democrática a posibilidade dun referendo de independencia en Escocia. Despois está España, que non recoñoce a diversidade. Zapatero xa non fala da España plural.

A Nosa Terra: Tal vez esteamos nunha situación de crise política.

– Nos últimos trinta anos, España non modificou as súas estructuras produtivas e reeditáronse os planos de desenvolvemento do franquismo en Andalucía e Extremadura. Eses modelos xacobinos acaban fracasando porque non atenden á lóxica da racionalidade económica. A crise xudicial é un síntoma. Ademais da cuestión do Constitucional, a campaña sobre Garzón, tanto a favor como en contra, é un desatino; non pode haber xuíces que presuman de demócratas. O cidadán ten que achegarse á xustiza con garantías porque senón fractúrase a lexitimidade da autoridade xudicial, que é a que debe resolver conflitos.

A Nosa Terra: Porén, o Tribunal Constitucional é por concepción parte do conflito. As autonomías non estan representadas.

– A diferencia do tribunal de Garantías Constitucionais da República, onde as Comunidades autónomas tiñan dereito a un maxistrado, no actual tribunal Constitucional non é así. Estamos ante unha crise profunda. a sociedade española modrnizase moral e economicamente, pero subsisten prácticas políticas caudillistas, con partidos verticalistas e líderes predemocráticos. Iso impide modernizar o sistema político.

A Nosa Terra: Vese unha proposta de saída ?

– No caso que nos ocupa, a solución é que o Constitucional se declare incompetente. Se non o fai, non vexo procedementos de saída. Existe unha resposta da política real, que son as consultas municipais sobre a independencia. Se alguén ten outra proposta, que a expoña.

A Nosa Terra: Hai unha modificación na postura da esquerda abertzale vasca sobre a violencia.

– Está a decantarse polo exercicio pacífico da política, mais en Madrid aparentemente non se recibe o mensaxe. Ao PSOE tampouco lle interesa porque goberna no País Vasco grazas a que nas eleccións non pode participar a esquerda abertzale.

A Nosa Terra: En Catalunya, porén, goberna o PSC.

– Goberna, pero é un partido fiel á visión estatal española. Se se ve forzado a cambiar é polas modificacións no comportamento político da poboación, que afectaría as súas bases electorais. Nisto Maragall e Montilla son iguais. O PSC pode permanecer fiel ao PSOE aínda que decline o seu proxecto nacional, tal e como Iniciativa per Catalunya ten como referente a Izquierda Unida, a pesar de que ten máis peso Iniciativa. Non é a conxuntura a que facilita agromar os proxectos; son os proxectos políticos os que merxen cando se da a conxuntura favorábel.

  1. Ser a un Estat on s’admet a tràmit una acusació de la ‘falange española’ i de ‘Manos Limpias’, pot comportar conseqüències de tot tipus.

    Almenys a Alemanya tenen la virtud de no admetre a tràmit ni considerar cap denúncia favorable duta per organitzacions ‘neonazis’. 

    Ans el contrari defensar Hitler i el seu règim nazi és perseguit a l’Estat alemany.

    I això volen tapar-ho a base de seleccions esportives espanyoles, que cada vegada semblen més una tortura i suplici per a tapar desficacis, i no només si perden, encara ho són molt més quan guanyen.

  2. Atençom, abrirá numha nova janela.
    PDFVersom para impressomEnviar por E-mail
    Engadir
 a del.icio.us
    Enviar a 
Chuza

    Manifestaçom em Santiago de
    Compostela em defesa do galego

    OS REINTEGRACIONISTAS APOIAMOS A MANIFESTAÇOM

    AGAL – A Associaçom
    Galega da Língua
    (AGAL) apoia a manifestaçom
    em defesa do galego convocada para o 17 de Maio. A organizaçom
    reintegracionista chama à participaçom de todas as pessoas e
    colectivos, «seja qual for a sua ideologia», para «exibir uniom face ao
    desmantelamento do quadro legal de protecçom do nosso idioma».

    A Associaçom Galega da Língua
    participará na manifestaçom com faixa própria, e convida a sua base
    social e simpatizantes a acudir ao acto reivindicativo.

    Em opiniom do Conselho da AGAL, a proposta
    de Decreto para regular o uso das línguas no ensino, conhecido como
    Decreto do Plurilingüismo, nom cumpre com a obriga legal de promoçom
    da língua galega nem garante o seu conhecimento. Em definitiva, «torna
    inútil o nosso idioma, como se nom bastasse mantê-lo desligado das
    outras variantes internacionais».

    Finalmente, a AGAL insta o presidente da
    Junta da Galiza, Alberto Núñez Feijóo, a ser coerente com as suas
    declaraçons públicas: «Quinhentos milhons de pessoas falam inglês; 400,
    castelhano; e 200 milhons pertencem ao mundo lusófono. Em definitiva,
    se temos esses três idiomas podemos comunicar-nos praticamente em
    todo o mundo». Para a organizaçom reintegracionista, o Decreto que
    promove o Governo de Feijóo caminha justo na direcçom contrária, e
    julga «umha irresponsabilidade» nom aproveitar este potencial.

    Faixa da AGAL

    A faixa da Associaçom Galega da
    Língua
    arrancará da Alameda Compostelana, em concreto da zona
    próxima da conhecida estátua das Marias, e levará por lema «A nossa
    língua é internacional». Ainda, repartirám-se brochuras intituladas
    «Eles/as dividem, a nossa língua multiplica».


Deixa un comentari

L'adreça electrònica no es publicarà. Els camps necessaris estan marcats amb *

Aquest lloc està protegit per reCAPTCHA i s’apliquen la política de privadesa i les condicions del servei de Google.

Us ha agradat aquest article? Compartiu-lo!